Steem aporta un protocolo de blockchain 1 escalable para contido publicamente accesible e inmutable, xunto con un token dixital rápido e baixo en comisións (chamado Steem)2 o cal permite que a xente gañe a moda usando seu miolo. (o cal é chamado "Proba de Miolo"). Os dous pilares de este protocolo, tanto a blockchain como o token, dependen un do oturo por seguridade, duración e inmutabilidade, e están integradas para a existencia mútua. Steem leva operando exitosamente por mais de un ano, e sobrepasou xa tanto o Bitcoin como ó Ethereum en número de transaccións procesadas. 3
En comparanza con outras Blockchains, Steem xurde como a primeira base de datos públicamente accesible con almacenamento inmuitable para contido almaceado en forma de texto plano, que incorpora un mecanismo de incentivos. Isto fai Steem unha plataforma pública de publicación na cal, dende calquera aplicación pode se extraer e partillar datos o tempo que se recompensa a aquelas que contribuen co contido mais valioso. .
No campo das cripto-moedas, as propiedades únicas do STEEM o convirten tanto en "intelixente" como en "social", en comparación co Bitcoin e o Ether. Isto proporciona dúas novas caracterísiticas ó Token. A primeira é o fondo de tokens adicado a incentivar a creación de contido e curación. (Chamado "fondo de recompensas"). A segunda é un sistema de votación que utiliza a sabiduría da multitude para avaliar o valor do contido e distribuirlle ós tokens. Estas dúas propiedades cando son combinadas son denomiñadas "Proba de Miolo".4. as cal é un concepto basado na proba de traballo que pretende enfatizar o traballo humán requerido pra distribuir tokens ós participantes da comunidade. A Proba-de-Miolo posiciona a STEEM como unha ferramenta pra construir comunidades en crecemento permanente, que anima á membresía a engadir valor á comunidade a traverso da estructura de recompensas integrada.
Ademais de estes adiantos en tecnoloxía BlockChain e tokens, Steem como sistema provee características avanzadas adicionais para mellorar a experiencia de usuaria, como a Recuperación de Contas Roubadas, 5, servizos de custodia, contido promovido polo usuario, sistema de reputación e contas de aforro. Ademais aporta tempos de confirmación de tres segundos e cero comisións en todas as transaccións. Todo isto permite apoirar a misión de levar diñeiro intelixente e social a blogueiras e a constructoras da comunidade a traverso da Internete.
O sistema de Token que recompensa ás usuarias conforme contribuiron á o sistema comunitario baseado no token precisa mecanismos para establecer e avaliar o valor social do contido: chamamoslle a isto "Proba-do-Miolo"
Un dos aspectos mais innovadores (e menos entendido) da blockchain Steem é o "Fondo de Recompensas" dende onde os tokens son distribuidos ós creadores de contidos valiosos. Para poder entender que é o fondo de recompensas, compre pirmeiro entender que os tokens son producidos de xeito diferente nas blockchains DPoS que nas blockchains PoW (Bitcoin). Nas blockchains clásicas PoW, os tokens son creados regularmente per aleatoriamente distribuidos aleatoriamente ás persoas cuxas máquinas están realizando o traballo (mineiros).
Contrariamente ás criptomoedas solo-PoW, os tokens en Steem son xeneradas con unha cadencia fixa de un bloque cada tres segundos. Estes tokens son distribuidos entre os distintos actores do sistema en función das reglas definidas na blockchain. Estas actoras, como as criadoras de contidos, as curadorea e testemuñas reciben os tokens por vías específicas. Contrariamente o xeito tradicional de distribución PoW, onde os mineiras compiten con poder bruto de computación, na rede Steem, as actoras son incentivadas para competir de forma que engadan valor á Rede.
A cadencia coa que se xeneran os tokens foi definida en Decembro 2016 en 9.5% anual, e mengua con un ratio de 0.01% cada 250.00 bloques, ou 0.5% anual. A inflaçión continuará reducindo a ese ritmo ata acadar 0.95%, após un período de aproximadamente 20.5 anos.
Dos novos tokens criados pola blockchain Steem cada ano, o 75% deles compoñen o "fondo de recompensas", o cal distribuese entre as criadoras de contido e as curadoras. 15 % son distribuidas para premiar ós propietarios de tokens, e o 10% son distribuidos ás testemuñas, productoras cooperativas de bloques incluidas no protocolo de consenso DPoS de Steem.
As usuarias que producen contido está engadindo valor á rede grazas á creación de material que conducirá a novas usuarias á plataforma, ó igual que maneirá as usuarias existentes entretidas e involucradas. Isto axuda a unha distribución da moeda a un amplo sector de usuarias e aumenta o efecto rede. As usuarias que toma tempo en avaliar e votar nos contidos, xogan un papel importante na distribución da moeda ás usuarias que engaden o contido mais valioso. As recompensas da blockchain relativas ó valor baséase na sabiduría colectiva recollidas a traverso do sistema do voto ponderado.
Steem funciona baixo o precepto de un-STEEM, un-voto. Baixo este modelo, as persoas que mais levan aportado á plataforma, medido polo balance da súa conta, teñen mais influencia en determiñar cómo as contribuidoras son puntuadas. Os aforros (Sp) poden ser mercados ou gañados. Os usuarios non poden gañar influencia adicional criando múltiples contas, xa que unha simple conta con unha cantidade aforrada terá a mesma influencia que dúas contas diferentes a mesma cantidade aforrada partillada. O unico xeito para que as usuarias incrementen súa influencia na plataforma é aumentando ó seus aforros.
Ademais de isto, Steem solo permite o voto con STEEM cando este comprometese con un programa de inversión de 13 semanas chamado Steem Power. Baixo este modelo os membros teñen o incentivo financieiro de votar de xeito que maximicen o valor dos seus STEEM á longo prazo.
A Blockchain Steem está diseñada para ser unha das mais rápidas e mais eficientes que existen, o cal é necesario para poder soportar a cantidade de tráfego esperada nunha plataforma social media con un tamaño tan grande como o mesmo Reddit. Steem xa sobrepasou ó Bitcoin en número de transaccións, e pode escalarse para superar as 10.000 ou mais transaccións por segundo.
Debido ós funiles das blockchains de Proba de Traballo (PoW) 6,, moitas de elas non poden escalar mais aló das tres transaccións por segundo, que non é mais que unha fracción do tráfego financieiro mundial. Steem necesitaba mais escalabilidade e velocidade que as ofrecidas por PoW, e como o menos coñecido algoritmo chamado Proba de Partiipación Delegada (DPoS) 7 foi aproveitada para sentar os alicerces de unha blockchain idonea para miles de millóns de usuarias.
Grazas ó DPoS, a blockchain de Steem é capaz de xenerar un novo bloque cada 3 segundos con unha carga computacional mínima. Isto significa que a blockchain pode procesar mais transaccións e manter mais informacións, incluindo contidos.
Ao definir as regras para cando se produce un Hardfork, as testemuñas elixidas dentro do marco DPoS poden decidir de forma rápida e eficiente sobre avanzar ou non cun hardfork proposto, permitindo que a blockchain do Steem evolúa con maior velocidade que a maioría das outras. A blockchain de Steem xa foi bifurcada con éxito 18 veces 8, e cada vez que ocurriu unha bifurcación, só unha cadea persistiu tras a bifurcación.
ChainBase9 é a porción da pila de base de dados da blockchain e sustituiu a Graphene 10 no 2016. ChainBase ten tempos de carga e resposta mais rápidos, acepta acceso paraleo á database e é mais robusta contra fallas que seu prededesor. Tamén ten menor frecuencia de corrupción da base de datos, permite realizar "capturas" instantaneas do estado da base de datos completa e pode servir mais chamadas de procesos remótos (RPC) dende a mesma memoria.
AppBase é o primerio paso para crear unha multi-cadea FABRIC. AppBase permite que moitos compoñentes da blockchain Steem sexan modulares creando blockchains adicionais sen consenso como complementos dedicados. Estes complementos (plugins) poden ser actualizados moito mais rápido porque eles non requiren repetir a blockchain completa. Isto fai que Steemd 11 sexa moito máis eficiente e máis fácil de manter e escalar.
Falando practicamente, AppBase permite que diferentes cernes, ou incluso diferentes computadoras, manter diferentes partes da Steem blockchain. Isto resulta significantemente mais eficiente que esixir a cada cerne e cada computadora na rede, manter a blockchain completa. Modularizar a blockchain permite aproveitar ó maximo a natureza modular das computadoras. Este é un paso necesario no longo proceso de crear unha blockchain totalmente paralela e optimizada.
A blockcahin Steem ten o doble propósito de ser un sistema de procesamento de token dixital, así como unha plataforma de Redes Sociais. As características que ofrece a blockchain necesita dar soporte a ambos propósitos, e proporcionar ás usuarias "unha experiencia de clase mundial" cando usan ambos aspectos da plataforma.
Steem ofrece ás usuarias a posibilidade única de publicar e almacear diferentes tipos de contido directa e permanentemente no libro maior (blockcahin) inmutable como texto plano. Unha vez almaceados na blockchain, os dados son accesibles publicamente para que os desenvolvedores poidan explotalos. As desenvolvedoras son capaces de interactuar co contido directamente coa blockchain usando as APIs dispoñibles. Várias primitivas da blockchain que os desenvolvedores podem construir incluen Nome de Contas, Posts, Comentários, Votos e Saldo de Conta.
Os enderezos das carteiras usados por varias tecnoloxías blockchain, como o Bitcoin e Ethereum, son históricamente longas cadeas de letras e números aleatorias, con todo, estes enderezos de carteira poden dificultar as transaccións con outras usuarias nun contexto típico de Redes Sociais, porque as usuarias non son capaces de lembralos de memoria. A blockchain Steem usa o nome de cada participante como seu enderezo de carteira, o cal mellora que mellora a experiencia da usuaria para as participantes que tentan enviar tokens porque poden verificar os enderezos dende a súa propia memoria.
Moitas usuarias que son introducidas nas cripto-moedas teñen dificultade en comprender cómo "os tokens máxicos da internet" recompensados pola plataforma poden ter valor no mundo real. Co fin de axudar a pechar a fenda entre o sistema tradicional de cartos fiduciairos que usan o groso das usuarias, e os tokens de cripto-moedas cos cais son recompensadas a traverso da plataforma, foi criada unha nova moeda chamada Steem Blockchain Dollars (SBD).
Os tokens SBD foron diseñados para estar vencellados o valor de un USD, de forma que as usuarias que o reciben poden saber aproximadamente canto é o valor en termos de "dolar real". Os tokens SBD tamén ofrecen unha moeda relativamente estable para que usuarias as manteñan si queren manter o vlaor da súa conta en relación ó USD. Unha explicación mais detallada podes atopar no Steem Whitepaper.12
A blockchain Steem ofrece un mercado de troco descentralizado, similar ó mercado de troco de Bitshares.13 O mercado de troco permite ás usuarias negociar seus tokens STEEM e SBD mediante un mercado públco, descentralizado e entre pares. As usuarias poden colocar ordes de compra e venda, e a correspondencia de ordes son executadas automáticamente pola blockchain. Existe tamén un libro de ordes publicamente accesibel e un histórico de operacións que as usuarias poden usar para analisar o mercado. As usuarias poden interacturar co mercado de troco directamente usando a API da blockchain, ou usar a algunha GUI como é Steemit.com. 14
A naturerza irreversible das transaccións na blockchain é unha característica importante de seguridade, ainda que existen algúns casos onde as usuarias poden non sentirse cómodas enviando seus tokens a outro individuo sen un xeito de recuperalos se o outra usuaria non cumpe coa súa parte do acordo. A blockchain Steem fornece ás usuarias un xeito de enviar moedas uns aos outros através de um terceiro desiñado como servizo de custódia. A usuaria que actua como servizo de custodia é capaz de determiñar se os termos do acordo foron compridos, e así permitir que os fundos sexan liberados para o receptora ou retornados á remitente.
Steem emprega um sistema xerárquico de chave privada inovador para facilitar transaccións de baixa seguridade e de alta seguridade. As transaccións de baixa seguridade tenden a ser sociais, como postear ou comentar. As transaccións de alta seguridade tenden a ser transferencias e mudanzas de chaves. Isto permite ás usuarias implementar diferentes niveis de seguridade para súas chaves, dependendo do tipo de acceso que cada chave permite.
Estas chaves privadas son as de Publicación, Ativa e Propietaria. A chave de publicación permite ás contas publicar, comentar, editar, votar e resteem15, e seguir ou silenciar outras contas. A chave activa é para tarefas mais sensibesl como as transferencias de fundos, transaccións de PowerUp/PowerDown, trocar Steem Dollars, votar por testemuñas, colocar ordes no mercado e mudar a chave de publicación. A chave propietaria serve apenas para seu uso cando sexa necesario. Esta é a chave mais potente porque permite mudar calquera chave de unha conta, incluindo a chave do propietario, e para probar a propiedade durante unha recuperación de conta. Idealmente está diseñada para ser almaceada off-line, e ser usada solo cando as chaves da conta deben ser mudadas ou para recuperar unha conta comprometida.
Steem tamén facilita o uso de unha Seña Master que encripta as tres chaves. Os Servizos Web poden utilizar a Seña Maestra que desencripta e asina coa chave privada necesaria. As Chaves Maestras poden permitir que as usuarias confien en certos servizos impedindo que chaves impropias sexan transferidas a traverso de calquera servidor, mellorando a experiencia da usuaria mentras mantense a seguridade de autentificación no lado do cliente.
A blockchain Steem permite que unha autoridade sexa dividida a traverso de múltiples entidades, de forma que múltiples usuarias partillan a mesma autoridade, ou múltiples entidades sexan necesarias para autorizar unha transacción para que esta sexa válida. Isto faise do mesmo xeito que bitshares16 onde cada par de chave pública/privada ten un peso atribuido, e un límite definido de autoridade. Para que uma transacción sexa válida, unha cantidade míńima de entidades deberá asinar de forma que a suma dos seus pesos exceda o límite mínimo.
Para calquera publicación determiñada pode haber diversas persoas con interese financierio na recompensa. Isto inclue a autora, posibles co-autoras, referentes, proveedores de hospedaxe, blogs que incorporan os comentarios da blockchain, e desenvolvedores de ferramentas. Calquera sitio ou ferramenta que sexa utilizada para construir unha publicación ou comentario terá a capacidade de definir como as recompensas de aquel comentario serán divididas entre varias partes. Isto permite varias formas de colaboración, así como unha vía para que as plataformas construidas sobre a blockchain de Steem coleten unha parte das recompensas das súas usuarias.
Os Tokens Smart Media son tokens nativos que poden ser construidos na blockchain de Steem. STEEM é o primeiro SMT existente, e o protocolo de Tokens Smart Media pretende monetizar o contido de websites e aplicacións na web permitindo ás persoas criar tokens con propiedade similares ó STEEM, mais persoalizable para adaptarse á visión de calquera comunidade en liña a través dun comportamento incentivado, esencialmente replicando o éxito de STEEM a calquera sitio web ou aplicación. Mais información técnica podese atopar no whitepaper de Tokens Smart Media17.
Se unha conta de usuaria fora comprometida, ela pode mudar súas chaves usando a chave privada da propietaria. No caso de que a atacante fora quen de comprometer a chave privada da propietaria e alterar a seña da conta, a usuaria ten 30 días para enviar unha chave anterior funcional a traverso do proceso innovador de recuperación de conta do Steem, e retomar o control da súa conta. Isto pode ser ofrecido por unha persoa ou compañía que forneza servizos de rexitro para o Steem. Non é obrigatorio que o rexistrador forneza este servizo ás usuarias, pero está dispoñible para mellorar a experiencia das usuarias de un rexitrador.
Se as chaves activas ou de propietaria foran comprometidas, o atacante pode ter acceso total a todos os fundos na súa conta. Como as transaccións na blockchain son irreversibles, as usuarias non teñen xeito de recuperar seus fundos após de seren roubados.
A blockchain de Steem permite ás usuarias gardar seus tokens STEEM e SBD nunha conta de aforros, de xeito que os fundos non poden ser retirados ata un periodo de espera de tres días. Ademais, os STEEM gardados no programa de investimento de 13 semanas poderá somente acceder a eles a unha taxa de 1/13 por semana, tras o periodo inicial de espera de sete días. Estes bloqueos temporais preveñen que un atacante sexa quen de acceder á totaldade dos fundos de unha usuaria inmediatamente, de xeito que a dona certa teña tempo de retomar o control da súa conta antes de que o fundos sexan retirados.
Dado que as testemuñas son pagas na súa totalidade a través da xeneración de novos tokens, non existe a necesidade de cobrar unha taxa ás usuarias para alimentar a blockchain. A única razón para cargar unha taxa sería como un impedimento para previr ás usuarias realizar un número irracional de transaccións, as cais poderían potencialmente impactar no rendemento da blockchain.
Para definir uns límites razoables no uso do sistema, cada usuaria ten asiñada un límite de largura de banda. Sempre que unha usuaria realiza operacións na blockchain como transferencia de tokens, publicación de contidos e votacións, il usa unha porción do seu ancho de banda. Se unha usuaria supera súa largura de banda, deberá agardar para realizar accións adicionais ata que seu ancho de banda recargue.
Os límites do ancho de banda axustanse ó uso da rede, de xeito que as usuarias dispoñen de maior ancho de banda cando o uso da rede é baixo. A cantidade de ancho de banda da que dispón unha usuaria é directamente proporcional á cantidade de Steem Power que a usuaria ten, de xeito que as usuarias poden incrementar súa largura de banda acadando Poder Steem adicional.
O programa singular de recompensas e incentivos ofrecidos pola Blockchain de Steem e seus tokens están diseñados para facer de Steem a porta de acceso ás criptomoedas do groso das usuarias. O rendemento da blockchain está proxectado pensando nunha adopción en masa da moeda e da plataforma. Cando se combinan as velocidades ultra-rápidas dos tempos de procesamento e transaccións sen taxas, Steem está posicionado para seren unha das principais tecnoloxías blockchain usadas polas persoas arredor do mundo.
1. Delegated Proof of Stake Position Paper. Grigg, 2017. https://steemit.com/eos/@iang/seeking-consensus-on-consensus-dpos-or-delegated-proof-of-stake-and-the-two-generals-problem ↩
2. Para diferenciar ete do termo da steem blockchain, a correcta grafía para o token nativo dixital é STEEM. ↩
3. Volume de Transacción: Reporte de Transaccións por segundo. Testemuña Steem e usuaria "@roadscape". https://steemit.com/blockchain/@roadscape/tps-report-2-the-flippening ↩
4. Proof-of-Work. Wikipedia. https://en.wikipedia.org/wiki/Proof-of-work\_system ↩
5. Iniciación a Recuperación de Contas Roubadas para usuarias de Steemit.com: 07-13-2017 https://steemit.com/recover\_account\_step\_1 ↩
6. Problemas de Escalabilidade do Bitcoin https://en.wikipedia.org/wiki/Bitcoin\_scalability\_problem ↩
7. DPoS Whitepaper https://steemit.com/dpos/@dantheman/dpos-consensus-algorithm-this-missing-white-paper ↩
8. Propoñendo o hardfork 0.20: Velocity https://steemit.com/steemit/@steemitblog/proposing-hardfork-0-20-0-velocity ↩
9. ChainBase Release https://steemit.com/steem/@steemitblog/announcing-steem-0-14-4-shared-db-preview-release ↩
10. Graphene Documentation http://docs.bitshares.org/ ↩
11. Compoñente da Contorna de traballo da responsable do proceso das transaccións e distribución das recompensas. ↩
12. Steem Whitepaper https://steem.io/SteemWhitePaper.pdf ↩
13. Troco Descentralizado Bitshares http://docs.bitshares.org/\_downloads/bitshares-general.pdf ↩
14. Mercado de Moedas Steemit.com https://steemit.com/market ↩
15. “Resteem” é o termo usado na Blockchain Steem para decir que unha usuaria partillou contido alleo coas súas seguidoras. ↩
16. Xestión Flexible da Identidade con Bitshares http://docs.bitshares.org/\_downloads/bitshares-general.pdfParagraph text ↩
17. Smart Media Tokens Whitepaper https://smt.steem.io/smt-whitepaper.pdf ↩